jueves, 8 de abril de 2021

Cronoloxia idade media

- 1450 (aprox): Invención da imprenta por Johannes Gutenberg.

- 1453: Conquista de Constantinopla e caída do Imperio Bizantino por parte dos turcos. Isto levou á busqueda de novas rutas comerciais polo Atlántico.

- 1469: Inicio da hexemonía da monarquía hispánica, co matrimonio de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón (Reis Católicos).

- 1492: O 12 de outubro Cristovo Colón descobre o continente americano, e neste ano tamén desaparece/conquístase o Reino Nazarí de Granada da Península Ibérica e expúlsanse aos xudeus de Castela e Aragón.

- 1494: Fírmase o tratado de Tordesillas, que divide o territorio mundial para repartilo entre dúas potencias: a portuguesa e a hispánica.

- 1496: Conquista das Illas Canarias.

- 1498: Vasco da Gama, un célebre explorador e navegante portugués, chega a Calicut, India.

- 1504: Morre Isabel I de Castela.

- 1512: Nova expansión territorial: incorpórase o reino de Navarra ao de Castela.

- 1516: Morre Fernando II de Aragón. A partir deste momento, o poder recae no seu neto, Carlos V de España e I de Alemaña, o cal chegará a ser emperador do Sacro Imperio Xermánico.

- 1522: A expedición de Magallanes e Elcano deu, por primeira vez, a volta ao mundo, demostrando así que a Terra era redonda.

- 1534: Henrique VIII rompe coa Igrexa Católica en Inglaterra.

- 1555: Fírmase a Paz de Augsburgo para definir os estados alemáns católicos e protestantes.

- 1545-1563: Celébrase, en períodos discontinuos, o Concilio de Trento. 

- - - - - - -

- 1450 (aprox): Johannes Gutemberg crea a imprenta, invento que posteriormente axudaría á divulgación de obras coma as 95 teses de Martín Lutero.

- 1506: Iníciase a reforma/construcción da Basílica de San Pedro no Vaticano.

- 1517: Martin Luther publica en alemán as 95 teses que cuestionaban, entre outros temas, as indulxencias papais.

- 1527: Prodúcese o saco/saqueo de Roma.

- 1534: Henrique VIII, monarca inglés, provoca unha ruptura coa igrexa católica de Roma. 

- 1545 - 1648: Lévase a cabo a Contrarreforma pola Igrexa Católica, como resposta á reforma protestante de Martín Lutero. Por exemplo, impúlsanse novas ordes relixiosas e refórzase a Inquisición.

- 1545 - 1563: Celébrase, en períodos discontinuos e irregulares, o Concilio de Trento. 

- - - - - - 

- 1494: Asínase o Tratado de Tordesillas, o día 7 de xuño.

- 1522: Magallanes e Elcano realizan a expedición que da a primeira volta ao mundo.

- 1542: Acórdanse as Leis Novas, asinadas por Carlos I. 

- 1557: Sucede a batalla de San Quintín o 10 de agosto, na cal as tropas do imperio español e o exército francés enfrontáronse, levándose a vitoria o reino de España.

- 1588: Prodúcese o Desastre da Armada Invencible, que foi unha gran derrota que sufriu a frota do Imperio Español enviada por Felipe II por parte dos ingleses, que os venceron non deixándoos pasar a través da Canle da Mancha.

- - - - - - 

- 1568 - 1648: Prodúcese a Guerra dos Oitenta Anos/Guerra de Flandes.

- 1648: Paz de Westfalia.

- 1659: Tratados dos Pirineos.

- 1618 - 1648: Prodúcese a Guerra dos Trinta Anos.

- 1689: Aprobación da Bill of Rights (Declaración de dereitos) en Inglaterra, firmadas por James II de Inglaterra. Tamén neste ano iníciase a Monarquía Parlamentaria en Inglaterra.

- 1700: Comeza a Guerra de Sucesión en España xa que Carlos II morre sen descendencia, e remátase de construír o Palacio de Versalles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Antigo rexime

Esquema